Copywriting e redacción de textos en galego

Estamos tan afeitos ao mundo online que é case inconcebible facelo doutro xeito.
O valor das primeiras posicións en Google
Neste mundo dixital no que vivimos, se non apareces nas primeiras posicións de Google, é case coma se a túa empresa non existise. ¿Cantas veces, cando buscas algo, buscas máis aló da primeira páxina de resultados? Seguramente moi raras veces.
O valor de que a túa empresa apareza nos primeiros postos, en termos de imaxe de marca e volume de negocios, é enorme. E, ademais, a tendencia de futuro é que a presenza dixital teña cada vez máis importancia.
A porcentaxe de clientes que chega a un determinado profesional ou empresa a través do seu sitio web crece a un ritmo de vertixe en comparación con outras rutas máis tradicionais. Por iso, os servizos de redacción, escritura de contidos e marketing dixital están cada vez máis demandados. A rendibilidade dun modesto investimento neste tipo de servizos pode ser sorprendente.
Un servizo de redacción de calidade en Galicia e en galego
A redacción é a técnica de escribir textos destinados a atraer ao cliente e vender un produto ou servizo específico.
Se tés unha páxina web, debes saber que todos os textos teñen que ser coidadosamente planeados para acadar os seguintes obxectivos:
1. Deben ser atractivos para os teus clientes.
2. Deben promover no cliente potencial o desexo de coñecer máis sobre o teu traballo, coñecer os teus produtos e, finalmente, comprar.
3. Deben axudar a que a túa web apareza nas mellores posicións de Google cando alguén busca o tipo de produto ou servizo que ofreces.
Para acadar estes obxectivos, todos os textos da web son importantes: a páxina de inicio, o “sobre min”, descricións de produtos ou servizos, e mesmo o formulario de contacto.
Todas as palabras que aparecen na túa web falan sobre o teu negocio, polo que deberían elixirse con moito coidado. Un bo servizo de redacción pode axudarche a que os clientes te atopen e, unha vez que o fagan, confíen en ti.
Escritura de contidos en galego: a importancia do blog
Unha vez que teñas un sitio web con bos textos nas súas principais seccións, sería moi interesante seguir incorporando contido con frecuencia.
Hoxe en día, todos os profesionais de marketing de SEO e Inbound Marketing enfatizan a importancia de xerar contido de calidade cunha frecuencia sostida ao longo do tempo.
A mellor ferramenta para iso é, sen dúbida, ter un blog de negocios ou un blog profesional. A Google encántalle o contido actualizado que proporciona información útil para os usuarios.
Deste xeito, se ofreces información interesante no teu blog, con artigos publicados periódicamente, terás máis probabilidades de que te atopen a través do buscador.
Sen dúbida, unha vez que o usuario atopa información útil no teu blog, é máis probable que se convirta nun lector regular ou que se interese polos produtos ou servizos que ofreces.
En resumo, un blog de calidade proporciónache:
• Mellor posicionamento en Google (SEO).
• Imaxe de marca reforzada.
• Captación de clientes.
• Publicidade sen gastos recorrentes.
¿Como podo axudarche como redactor freelance en galego?
O primeiro que teño que dicir é que me encanta escribir. Levo moitos anos xogando coas palabras para intentar tirarlles o máximo proveito e gústame o proceso tanto ou máis que o primeiro día.
Dende que comecei a miña carreira como redactor e copywriter, traballei tanto con grandes empresas e axencias de marketing en Madrid e Barcelona, como con PEMES e autónomos de toda Galicia.
Aprendín moito durante este proceso e podo adaptarme ás túas necesidades sen ningún problema. Neste sentido, coñezo as limitacións e esixencias dunha PEME ou un traballador por conta propia e teño a flexibilidade necesaria para ofrecer plans totalmente personalizados.
Se queres que falemos e analicemos o teu caso xuntos, ponte en contacto comigo. Estarei encantado de aconsellarte sen ningún compromiso.
E se queres recibir novedades sobre esta páxina directamente no teu correo, podes subscribirte de forma totalmente gratuíta.
Mellores Palabras – Servizos de redacción e copywriting en galego
• Redacción para as diferentes seccións da túa páxina web.
• Redacción de artigos para o teu blog.
• Reseñas e descricións de produtos.
• Deseño de plans de contido e mantemento de blogs. Se non queres preocuparte de nada, podo encargarme de proxectar un calendario de publicacións, escribir os artigos, buscar as fotos e publicar os posts directamente na túa páxina.
• Redacción de modelos de correo electrónico e cartas comerciais.
• Redacción de textos en castelán e galego.
• Traducións inglés – castelán – galego.
¿FALAMOS?
Formulario de contacto
Os datos serán almacenados nos servidores de Raiola Networks, que presta os servizos de hosting a esta web (política de privacidad de Raiola Networks).